Inscricións abertas para a XVII O Porriño 10K
A Carreira O Porriño 10K, unha das citas máis emblemáticas do atletismo galego, vén de abrir o prazo de inscrición para a súa XVII edición. A proba celebrarase o domingo 22 de marzo de 2026 e permitirá a participación de ata 1.500 corredores e corredoras de todas as idades, consolidándose un ano máis como unha referencia no calendario deportivo de Galicia.
