O epicentro do atletismo comarcal está no Porriño
O mundo do “running” ten unha cita no Porriño o vindeiro domingo 28 de abril nunha nova edición da “Porriño 10k”. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, presentaron a XV edición da proba a pé de pista, xunto cunha nutrida representación de directiva, equipo deportivo e atletas do Atletismo Porriño.