NOTICIAS

Tui espera bater un novo récord de participación na San Silvestre

Tui espera bater un novo récord de participación na San Silvestre

Máis de 600 persoas anotáronse na III San Silvestre Solidaria Tudense que se vai celebrar o martes, 31 de decembro, nos primeiros días de apertura de inscricións. Por iso desde a organización (Concello de Tui e Atletismo Tui) esperan que se rexistre un novo récord, superando as 1200 persoas participantes de 2023. A inscrición está aberta até ás 22 horas de mañá, domingo 29, a través de atletismotui.wordpress.com.

Seguir leyendo

Scroll al inicio