Uns 300 corredores participarán hoxe na XIII Milla Porriñesa
O Porriño acolle hoxe a décimo terceira edición da Milla Porriñesa «Festas do Cristo», que terá lugar a partir das 19.00 horas, con saída e meta na Praza Arquitecto Antonio Palacios. A cita deportiva, organizada polo Concello en colaboración co Club Atletismo Porriño, agarda reunir a uns 300 corredores de todas as idades.